Nota Covid Novembro 2020

O pasado mércores, 4 de novembro, o Diario Oficial de Galicia publicou o decreto 179/2020, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria.

No que afecta á vida pastoral da Diocese, hai que ter en conta o que di a disposición terceira, do dito decreto:

Terceiro. Limitacións á permanencia de persoas en lugares de culto

1. Con efectos desde as 00.00 horas do 5 de novembro de 2020, na Comunidade Autónoma de Galicia a asistencia a lugares de culto non poderá superar o cincuenta por cento da súa capacidade, debendo respectarse en todo caso o límite máximo de cincuenta persoas. A capacidade máxima deberá publicarse en lugar visible do espazo destinado ao culto.

Non se poderá utilizar o exterior dos edificios nin a vía pública para a celebración de actos de culto.

2. Non obstante o anterior, con efectos desde as 00.00 horas do 7 de novembro de 2020, o límite máximo de persoas asistentes previsto no número 1 será de vinte e cinco persoas, nos concellos enumerados nos números 1 e 2 do punto primeiro deste decreto.

3. As limitacións previstas nos números anteriores non poderán afectar en ningún caso o exercicio privado e individual da liberdade relixiosa.

No día de onte, preguntouse á Presidencia da Xunta que aclarasen o punto número 1, sendo a súa resposta:

A la pregunta formulada por la Archidiócesis De Santiago de Compostela cabe informar lo siguiente: 

Según el Decreto 179/2020 publicado en el DOG de 4 de noviembre, los lugares de culto tienen un aforo máximo del 50% pero siempre con el límite máximo de 50 personas aunque del porcentaje anterior resultase una cifra superior.

Por lo tanto, 50 personas de aforo es el límite máximo en cualquier lugar de culto.

Os concellos aos que se refire o punto 2 desta terceira disposición, na nosa Diocese son:

b) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Pontevedra, Marín, Vilaboa, ..., Ponte Caldelas, Barro, Cerdedo-Cotobade, Campo Lameiro e Poio.

c) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos da Coruña, Culleredo, Arteixo, Oleiros e Cambre.

d) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de ..., Ares, ..., Fene e Mugardos.

f) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Santiago de Compostela, Ames, Boqueixón, Oroso, O Pino, Teo, Trazo, Val do Dubra e Vedra.

g) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa e Cambados.

h) Do ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de ...., Silleda e A Estrada.

m) Do ámbito territorial do concello de Vimianzo.

ñ) Do ámbito territorial do concello de Cangas.

q) Do ámbito territorial do concello do Grove.

Esta medida estará en vigor ata as 15.00 h do 4 de decembro, agás que sexan modificadas polas autoridades sanitarias.

Rógase aos Sres. Curas Párrocos, Administradores Parroquiais e encargados da atención pastoral dos centros de culto, sigan esta disposición, coidando de respectar os límites máximos de aforo nos actos de culto:

  • a metade da capacidade do templo, sen superar as 50 persoas, nos concellos sen limitacións específicas;
  • 25 persoas nos concellos con limitacións específicas.

Se por esixencias pastorais de atención ao Pobo de Deus, houbese que celebrar unha misa máis do que permite o Código de Dereito Canónico (c. 905.2), é necesario comunicalo ao Arcebispado.

Coma dicían os Bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago de Compostela, no pasado mes de marzo: De acordo coa nosa fe, que nos convida a confiar sempre en Deus, exhortamos á oración a todo o Pobo de Deus, encomendando ao Señor e á Santísima Virxe María esta situación que atravesamos. Rogamos en particular que os presbíteros ofrezan a Santa Misa pola saúde do noso pobo, particularmente dos enfermos e do persoal sanitario; e que esta intención estea presente no rezo da Liturxia das Horas, e na oración das nosas comunidades de vida consagrada, particularmente contemplativas.


En Santiago de Compostela, a 6 de novembro de 2020.

O Vicario xeral

Arzobispado de Santiago de Compostela



Enlaces Parroquiales

Parroquia San Gines de Padriñan. Comunidad Parroquial.

"TRANSFORMANDO EL MUNDO HACIENDO IGLESIA"